Listaxes provisionais: Fondo Acción Social 2020. Persoal Administración Xunta de Galicia
Publicada hoxe en DOG a RESOLUCIÓN pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas consonte os criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2020, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.
O PRAZO DE RECLAMACIÓN contra a resolución provisional dos expedientes ou ENMENDA dos defectos causantes da exclusión provisional, é de 10 DÍAS HÁBILES que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As reclamacións e achega de documentos deberán dirixirse ao director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda, no Edificio Administrativo San Caetano, número 1, piso 2º, 15770 Santiago de Compostela a través dos rexistros públicos, oficinas de Correos e demais lugares establecidos no artigo 16.4 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.