Sectores

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas dos procedementos selectivos


A Consellería vén de publicar na web as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG n.º 20, do 31 de xaneiro), corrección de erros, DOG n.º 59, do 25 de marzo) (código de procedemento ED001A).

Podes comprobar as listaxes de persoas admitidas en primaria e secundaria

Velaquí as persoas que resultaron excluídas en primaria e secundaria 

O prazo de reclamacións  é de cinco días hábiles. Comeza mañá día 31 de marzo de 2022 e remata o mércores día 6 de abril de 2022. 

Como sempre, se tedes algunha dúbida, ou queredes información dos recursos que puideran resultar procedentes, podedes contar con nós. Estamos aquí.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.