Publicadas, en DOG, as Resolucións da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas aos seguintes procesos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira:
- Corpo auxiliar da Administración xeral e corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2:
- Auxiliar de Administración xeral.
- Auxiliar de arquivos-bibliotecas.
- Auxiliar de clínica.
- Auxiliar de cociña.
- Auxiliar de coidados.
- Auxiliar de condución.
- Auxiliar de laboratorio.
- Auxiliar de mantemento.
- Auxiliar de recursos naturais.
- Bombeiro/a forestal condución motobomba.
- Bombeiro/a forestal.
- Emisorista – vixiante fixo/a.
- Garda recursos naturais.
As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal
A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
RECLAMACIÓNS E EMENDAS Á EXCLUSIÓN:
- PRAZO: 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
- SÓ A TRAVÉS DE: https://fides.xunta.gal