Sectores

Listaxes definitivas persoas admitidas e excluídas C2: Espec. Oficial / Espec. Arquivos e Bibliotecas A. Prof: Limpeza e Cociña

Publicadas hoxe en DOG as seguintes resolucións que conteñen as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procesos selectivos para o ingreso

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en https://fides.xunta.gal.

A listaxe definitiva completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Devolución de taxas:

  • A Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a:
    • aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben
    • que non figuren en ningunha das listaxes,
  • Prazo de solicitude de devolución: 2 meses contado a partir do 06/11/2024.
  • Para iso será necesario:
    • presentar un escrito dirixido á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal solicitando a devolución e deberá incluír un número de conta bancaria na aplicación Fides na epígrafe expediente > datos persoais. A presentación deste escrito fóra de prazo ou a non inclusión dos datos bancarios na aplicación Fides supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.
  • Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.

Recurso:

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o 06/11/2024.