Sectores

Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procedementos de estabilización mediante concurso de méritos


Vén de publicarse a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproban as listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino.

Pódense consultar as listas de persoas admitidas e excluídas

Contra esta resolución cabe a posibilidade de presentar un recurso un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da súa publicación no portal de Internet da Consellería  ou un recurso contencioso administrativo no
prazo de dous  meses dende a mesma data.

O recurso potestativo deberá formularse por medios electrónicos realizando alegacións dentro do noso trámite ED001B/2022. Unicamente no caso de non figurar na listas de persoas admitidas/excluídas, poderase recurrir á solicitude xenérica PR004A.

Como sempre, se tedes algunha dúbida, podedes contar con nós. Estamos aquí

2pé páxina

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.