Publicada hoxe en DOG a Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai pública a relación de persoas admitidas e excluídas con carácter definitivo que solicitaron a inclusión nas listas únicas para cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinados corpos, escalas ou especialidades.
CONSULTA DAS LISTAS
- As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia (http://funcionpublica.xunta.gal), apartado Listas de contratación:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
- ou no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012
INFORMACIÓN QUE INCLÚEN AS LISTAS:
- Persoas solicitantes admitidas nas listas únicas, ao abeiro das resolucións do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administracións de Persoal (DOG núm. 31, do 14 de febreiro), procedentes de listas de contratación temporal de categorías profesionais laborais equivalentes, con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo, conforme o establecido no artigo 6 e na disposición transitoria primeira da Orde do 20 de xullo de 2021, en relación co seu artigo 2 .
- Persoas solicitantes excluídas ao abeiro das resolucións do 12 de febreiro de 2025, con expresión da causa de exclusión.
ENTRADA EN VIGOR:
As listas entrarán en vigor a partir do 24/07/2025.
A entrada en vigor destas listas únicas implican o peche das listas de contratación temporal das categorías análogas
ANEXO I
Corpos e escalas de persoal funcionario
Grupo | Corpo/escala | Denominación |
A2 | 209D | Corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador infantil (subgrupo A2) |
C1 | 208I | Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de mobilidade (subgrupo C1) |
C1 | 209O | Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade vixilancia de estradas (subgrupo C1) |
C1 | 209G | Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de cociña (subgrupo C1) |
C1 | 209I | Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de análises de laboratorio (subgrupo C1) |
C1 | 20B6 | Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz (subgrupo C1) |
C1 | 209E | Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de mantemento de servizos (subgrupo C1) |
C2 | 207Z | Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de cociña (subgrupo C2) |
C2 | 208P | Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de laboratorio (subgrupo C2 |
C2 | 208N | Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de mantemento (subgrupo C2) |
C2 | 20D0 | Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial (subgrupo C2) |
C2 | 207X | Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de gardas de recursos naturais (subgrupo C2) |