Sectores

Listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos de estabilización mediante concurso de méritos


Vén de publicarse a Resolución do 19 de xaneiro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG n.º 206, do 28 de outubro, corrección de erros, DOG n.º 216, do 14 de novembro).

Pódense consultar as listas de persoas admitidas e non admitidas 

O prazo de reclamacións é de dez días hábiles, desde o luns día 23 de xaneiro ata o día 3 de febreiro de 2023.

As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos realizando alegacións dentro do noso trámite ED001B ou a través da solicitude xenérica PR004A no caso  de non figurar na listas de persoas admitidas/excluídas.

Como sempre, se tedes algunha dúbida, podedes contar con nós. Estamos aquí

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.