Convócase procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de lingua estranxeira francés do corpo de mestres (597033) (código de procedemento ED003A).
Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 18 de outubro de 2023 ata o día 24 de outubro de 2023, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
- Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A.
- Premer na icona “Tramitar en liña”. Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
- Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
- Lembre que deberá anexar coa solicitude, ademais da documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.