O Servizo de Listas de Contratación Temporal, remitiu un correo electrónico ás Organizacións Sindicais, indicando que O LUNS 28 DE FEBREIRO DE 2022 PUBLÍCANSE AS SEGUINTES RESOLUCIÓNS:
1º.-RESOLUCIÓN DE APERTURA E PECHE DE LISTAS
-
Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 16 de febreiro de 2022 pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a contratación temporal de persoal laboral e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e/ou especialidades.
Para presentar solicitude aconsellamos que as persoas interesadas accedan polo seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes
2º.- RESOLUCIÓN DO 17 DE FEBREIRO DE 2022, DA DIRECCIÓN XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA, POLA QUE SE FAI PÚBLICA A RELACIÓN DE PERSOAS EXCLUÍDAS CON CARÁCTER DEFINITIVO DAS LISTAS ÚNICAS PARA A COBERTURA CON CARÁCTER TRANSITORIO DE PRAZAS RESERVADAS A PERSOAL FUNCIONARIO DE DETERMINADOS CORPOS, ESCALAS OU ESPECIALIDADES, RESULTANTES DA TRANSFORMACIÓN DE OFICIO DE LISTAS DAS CATEGORÍAS PROFESIONAIS LABORAIS EQUIVALENTES, AO ABEIRO DO ESTABLECIDO NO ARTIGO 4.2 DA ORDE DO 20 DE XULLO DE 2021.
-
Nesta relación definitiva figuran as persoas admitidas nas listas das categorías profesionais laborais que lles corresponde figurar excluídos nas listas de postos de persoal funcionario equivalentes que se relacionan no cadro que a continuación se relaciona porque non cumpren os requisitos legalmente esixidos para a súa inclusión nelas.
As causas de exclusión por esta razón son:
-
Ter acadado a idade de xubilación forzosa e non ter nacionalidade española nin cumprir as condicións establecidas no artigo 52.1 da Lei 2/2015.
-
A relación definitiva de excluídos poderá consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, apartado de <Listas de contratación>.
-
As listas novas do corpo, escala ou especialidade que se enumeran no cadro entrarán en vigor o 1 de marzo de 2022.
LISTAS ÁS QUE AFECTA ESTA RESOLUCIÓN
LISTAS DE CATEGORÍA LABORAL QUE SE TRANSFORMAN DE OFICIO |
LISTAS NOVAS DO CORPO, ESCALA OU ESPECIALIDADE EQUIVALENTE NA QUE SE INTEGRARÁN DE OFICIO |
Grupo I, categoría 2 (Titulado superior médico/a…) |
Corpo facultativo superior de administración especial, escala de facultativos, especialidade de medicina ( A1). |
Grupo I, categoría 6 (Titulado superior psicólogo/a) |
Corpo facultativo superior de administración especial, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía (A1). |
Grupo I, categoría 11 (titulado superior pedagogo/a) |
Corpo facultativo superior de administración especial, escala de facultativos, especialidade de pedagoxía (A1). |
Grupo II, categoría 2 (ATS, enfermeiro/a practicante. DUE) |
Corpo facultativo de grao medio de administración especial, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría (A2). |
Grupo II, categoría 6 (Educador/a.Profesor especial) |
Corpo facultativo de grao medio de administración especial, escala técnica de facultativos, especialidade de educadores (A2). |
Grupo II, categoría 11 (Fisioterapeuta) |
Corpo facultativo de grao medio de administración especial, escala técnica de facultativos, especialidade de fisioterapia (A2). |
Grupo II, categoría 17 (asistente social) |
Corpo facultativo de grao medio de administración especial, escala técnica de facultativos, especialidade traballo social (A2). |
Grupo II, categoría 20 (terapeuta ocupacional) |
Corpo facultativo de grao medio, escala técnica de facultativos, especialidade de terapia ocupacional (A2). |
Grupo III, categoría 50 (técnico especialista en xardín de infancia) |
Corpo técnico de carácter facultativo de administración especial, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade xardín de infancia (B). |
Grupo IV, categoría 3 (auxiliar sanitario. auxiliar clínica…) |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial, escala deauxiliares de clínica (subgrupo C2). |
3º- ACORDO DO 14 DE FEBREIRO DE 2022 ENTRE A CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA E A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL POLO QUE SE ENCOMENDAN A ESTA ÚLTIMA DETERMINADOS ACTOS DE XESTIÓN DAS LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL LABORAL OU PARA O NOMEAMENTO DE PERSOAL INTERINO DE PRAZAS RESERVADAS A PERSOAL FUNCIONARIO DE CORPOS OU ESCALAS EQUIVALENTES ADICADO ÁS TAREFAS DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS