Sectores

Listas definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024/25

Resolución do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións definitivas de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024/25 correspondentes ás especialidades do corpo de mestres.

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproban as listas definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2024-2025 correspondente aos corpos de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas e de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.

Listados definitivos de Docentes Excluíd@s (e causa):
(597 ·Mestres)
(590 ·PES / 592 ·EOI / 598 ·PESSFP)

RECURSO de REPOSICIÓN
As persoas interesadas poderán formular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), un recurso potestativo de reposición, utilizando o procedemento ED001A, no prazo dun (1) mes a contar dende o día seguinte ao da súa publicación no portal de Internet da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, https://www.edu.xunta.gal, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

  • Prazo de presentación de recurso: do 10 de outubro de 2024 ao 11 de novembro de 2024

As listaxes definitivas de persoas admitidas poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/


📞CONTACTOS Sedes UGT Ensino

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.