Sectores

Listas de contratación temporal: Resolución listas provisionais únicas Persoal Funcionario

A resolución publicada hoxe en DOG procede fai públicas as listas provisionais únicas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo I desta resolución:

Podes consultar as listas:

Consulta das listas de contratación (xunta.es)

No servizo de Atención e Información á Cidadanía (012)

Nas listas figura a seguinte información:

  • Persoas solicitantes admitidas nas listas únicas ao abeiro das resolucións do 12 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DOG núm. 31, do 14 de febreiro), procedentes de listas de contratación temporal de categorías profesionais laborais equivalentes, con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo, conforme o establecido no artigo 6 e na disposición transitoria primeira da Orde do 20 de xullo de 2021, en relación co seu artigo 2
  • Persoas solicitantes excluídas ao abeiro das resolucións do 12 de febreiro de 2025, con expresión da causa de exclusión.

Reclamacións ás listaxes:

  • Prazo: 10 días hábiles dende o 18/06/25.
  • Ante: Comisión Permanente (Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Consellería de Facenda e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
  • Xunto coas reclamacións debes achegar:
    • Documentación precisa para emendar a causa de exclusión.
    • Certificación de servizos prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, no mesmo grupo, corpo ou escala, ou en categorías profesionais laborais declaradas equivalentes no anexo do Decreto 165/2019, nos termos previstos no artigo 9.b) do Decreto 37/2006, e 6 da Orde do 20 de xullo de 2021, segundo o modelo que figura como anexo II desta resolución.
  • No suposto de que algunha das persoas solicitantes provisionalmente excluída non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluída.

Corpos e escalas (persoal funcionario)

GrupoCorpo/ EscalaDenominación

A2

209D
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador infantil (subgrupo A2)
C1208ICorpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de mobilidade (subgrupo C1)
C1209OCorpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade vixilancia de estradas (subgrupo C1)
C1209GCorpo de axudantes de carácter facultativo de Administracion especial da Administracion xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de cociña (subgrupo C1)
C1209ICorpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de análises de laboratorio (subgrupo C1)

C1

20B6
Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialiade capataz (subgrupo C1)

C1

209E
Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de mantemento de servizos (subgrupo C1)
C2207ZCorpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de cociña (subgrupo C2)
C2208PCorpo de auxliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de laboratorio (subgrupo C2)
C2208NCorpo de auxliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de mantemento (subgrupo C2)
C220D0Corpo de auxliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala auxiliar de recursos naturais e forestais (subgrupo C2)
C2207XCorpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de gardas de recursos naturais (subgrupo C2)