Sectores

Listas de contratación temporal: Resolución actualización provisional méritos 2023

A resolución publicada hoxe en DOG procede á actualización provisional de méritos, relativos ao ano 2023, das persoas integrantes das listas elaboradas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral, que figuran nos anexos I e II da resolución.

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 20 de xullo de 2021, nas listas para a cobertura transitoria de postos de persoal funcionario das escalas de:

  • Persoal  veterinario (A1-2067)
  • Ciencias, especialidades de bioloxía (A1-2068) e química (A1-2069)

Valoraranse, ao abeiro do artigo 9, letra b), do Decreto 37/2006, os méritos por servizos prestados nas categorías profesionais laborais declaradas equivalentes polo Decreto 165/2019.

As puntuacións totais das persoas integrantes das listas de persoal funcionario interino (anexo I) e as  listas para a contratación temporal de persoal laboral (anexo II) poderán consultarse en:

Consulta das listas de contratación (xunta.es)

Reclamacións ás listaxes:

  • Prazo: 10 días hábiles dende o seguinte ao desta publicación en DOG.
  • Ante: Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Anexo I

Corpos e escalas (persoal funcionario)

GrupoCorpo/ EscalaDenominación
A1205GEscala de sistemas e tecnoloxía da información
A12060Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
A12061Escala de arquitectos
A12062Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos
A12063Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría agronómica
A12064Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría industrial
A12065Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de minas
A12066Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de montes
A12067Escala de veterinarios/as
A12068Escala de ciencias. Especialidade de Bioloxía
A12069Escala de ciencias. Especialidade de Química
A1206KEscala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos
A1206LEscala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas
A1206MEscala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos
A1208FEscala de facultativos. Especialidade de Medicina
A1208GEscala de facultativos. Especialidade de Psicoloxía
A1208HEscala de facultativos. Especialidade de Pedagoxía
A12072Escala de arqueólogos
A12080Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de telecomunicación
A12083Escala superior de estatísticos
A12086Escala superior de finanzas
A12093-01Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima
A12093-02Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola
A12093-03Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima
A12093-04Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira.
A12093-05Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo
A12093-06Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica
A12093-07Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas
A12093-08Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións
A12093-09Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas
A12093-10Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios
A12093-11Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral
A1210AEscala de inspección urbanística
A22051Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
A22052Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica forestal
A2205FEscala técnica de finanzas
A2205HEscala de xestión de sistemas de informática
A2206IEscala de inspección turística
A2206NEscala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos
A2206PEscala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas
A2206QEscala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos
A2206XEscala de inspectoras e inspectores de consumo
A22073Escala de arquitectos técnicos
A22074Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas
A22075Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica industrial
A22076Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica en topografía
A22077Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola
A22079Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de minas
A22085Escala técnica de estatísticos
A22094-01Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo
A22094-02Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción
A22094-03Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque
A22097Escala de axentes de extensión pesqueira
A2208AEscala de técnicos facultativos. Especialidade de Enfermaría
A2208BEscala de técnicos facultativos. Especialidade de Fisioterapia
A2208CEscala de técnicos facultativos. Especialidade educadores
A2208DEscala de técnicos facultativos. Especialidade de Terapia ocupacional
A2208EEscala de técnicos facultativos. Especialidade de Traballo social
A2210BEscala de subinspección urbanística
B/C1208JEscala de axentes técnicos facultativos. Especialidade xardín de infancia
C12053Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
C1205IEscala técnica auxiliar de informática
C1207C-02Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia
C1207HEscala de axentes facultativos ambientais (a extinguir)
C1207VEscala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Patrón.
C1207WEscala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Mecánico.
C12081Escala de delineantes (a extinguir)
C220A3Escala de auxiliares de clínica
C22059Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
 2055Agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal funcionario subalterno
 209RAgrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais. Especialidade persoal de limpeza e cociña

ANEXO II

Grupos e categorías (persoal laboral)

GrupoCategoríaDenominación
I032Técnico/a superior en centros de arte
II005Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas
II008Director/a de gardaría infantil
II031Restaurador/a
II033Profesor/a de danza clásica
II038Perito/a-xudicial diplomado/a
II040Mestre/a especialista en educación infantil
III003Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a
III006Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos.Especialista de oficios
III011Encargado/a agrario/a
III012Mestre/a de taller
III014Xefe/a de cociña
III017Analista de laboratorio
III018Marcador/a de metais preciosos
III023Celador/a de estradas. Capataz de brigada
III034Especialista de oficios (debuxante)
III036Experto/a audiovisuais
III037Técnico/a de son
III039Rexedor/a de escena
III045Técnico/a de luces
III049Axente auxiliar inspección transportes
III052Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza
III053Técnico/a en restauración cinematográfica
III060Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE
III063Oficial/a 1ª condutor/a. Condutores/as 1ª. Condutores/as altos cargos. Condutor/a mecánico/a
III064Oficial/a 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada
III065Oficial/a 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª
III066Axudante/a taller. Adxunto/a taller
III067Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial 1ª obra COTOP. Capataz
III068Oficial/a 1ª agrario, capataz agrario
III069Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de primeira
III080Capataz de establecemento
III088Capataz de explotacións marisqueiras
III090Animador/a sociocultural
III097Auxiliar de son
III098Auxiliar de luces
III101Proxeccionista
III102Encadernador/a
III103Entrevistador/a-enquisador/a
III104Intérprete de linguaxe de signos
IV002Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras
IV004Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado
IV005Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª
IV006Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento
IV007Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación
IV009Oficial/a 2ª agrario/a
IV011Auxiliar de laboratorio
IV016Condutor/a
IV020Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)
IV021Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría
IV023Mestre/a gaiteiro/a
IV024Xastre/a
IV025Cargador/a. Tremoieiro/a
IV031Legoeiro/a
IV034Axudante/a restauración e proxección cinematográfica
IV035Auxiliar de arquivos e bibliotecas
IV036Auxiliar de museos
IV039Auxiliar de autopsia
V003-02Resolución do 26 de xuño de 2018 (DOG núm. 122, do 27 de xuño). Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado
V008Peón/oa agrario/a
V009Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais
V10DSocorrista
V10FPeón/oa forestal

Grupos e categorías do persoal laboral do SPIF

GrupoCategoríaDenominación
I038Técnico/a superior de defensa contra incendios forestais
II039Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais
III100Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada
IV032Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais
IV033Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba
IV037Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais
V10AVixilante móbil defensa contra incendios forestais
V10BVixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais
V10CEmisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios
V014Bombeiro/a forestal
V14ABombeiro/a forestal condutor/a
UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.