Sectores

Listas de Contratación Temporal do Decreto 37/2006 (Citacións Electrónicas)

De acordo co transmitido na última Comisión Permanente de Listas, a Dirección Xeral da Función Pública informa na súa web que:

Coa entrada en vigor da Lei de medidas para o ano 2024, modificase o artigo 14.1 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, que queda redactado do seguinte xeito:

“As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dous días naturais desde á posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido”.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.