Sectores

Listas de contratación temporal: Actualización provisional de méritos ano 2020


Publicada en DOG a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, que fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2020 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

CONSULTA DAS PUNTUACIÓNS TOTAIS:

poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia:

http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp

 RECLAMACIÓNS:

  • Prazo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución en DOG.
  • Ante: a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo de San Caetano,s/n, Santiago de Compostela).
  • Xunto coa reclamación achegarase:
    • Certificación de servizos prestados segundo o modelo que figura como anexo III da resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:
      • Servizos centrais:

Secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

  • Servizos periféricos:

Xefes/as territoriais ou funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores/as provinciais ou delegados/as comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.

CERTIFICACIÓN DE SERVIZOS PRESTADOS ANO 2020 NA MESMA CATEGORÍA, CATEGORÍAS ANÁLOGAS OU ASIMILABLES ÁS CATEGORÍAS ADSCRITAS AO SPIF:

  • En concellos ou mancomunidades de municipios da C.A. de Galicia. A certificación modelo anexo IV deberá ser asinada polo/a secretario/a do concello.
  • Nas demais entidades públicas instrumentais do sector público autonómico galego. A certificación modelo anexo V deberá ser asinada polo órgano da entidade equivalente ao/á secretario/a xeral técnico/a con competencia en materia de persoal.

Realizadas as emendas procedentes, darase publicidade das puntuacións definitivas mediante a publicación da oportuna resolución no DOG.

Enlace á Resolución:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210226/AnuncioG0597-160221-0003_gl.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.