Sectores

Listas de contratación publicación listas provisionais


Listas de contratación publicación listas provisionais

  • Grupo i, categoría 2 (titulado superior médico e outras)
  • Grupo ii, categoría 2 (ats e outras)
  • Grupo iv, categoría 3 (auxiliar de clínica e outras)

Hoxe publícase en DOG a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo I, categoría 2 (titulado superior médico e outras), grupo II, categoría 2 (ATS e outras), e grupo IV, categoría 3 (auxiliar de clínica e outras).

AS LISTAS PODERÁN CONSULTARSE:

INFORMACIÓN QUE FIGURA NAS LISTAS:

  • Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
  • Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

RECLAMACIÓNS:

  • Prazo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
  • Ante: a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

DOCUMENTACIÓN PRECISA PARA EMENDAR A CAUSA DE EXCLUSIÓN.

  • Certificación de servizos prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, nos termos previstos no artigo 9.b) do Decreto 37/2006, segundo o modelo que figura como anexo I desta resolución.

No suposto de que algunha das persoas solicitantes provisionalmente excluída non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluída.

A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto as persoas solicitantes provisionalmente admitidas como as provisionalmente excluídas poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo 15.2 do Decreto 37/2006.

O modelo de solicitude, para a suspensión, encóntrase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia: https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes

Enlace ao DOG coa publicación da Resolución:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201125/AnuncioG0597-201120-0001_gl.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.