Sectores

Listas de contratación temporal: peche e apertura de listas


Hoxe publícase a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.

 

ANEXO I:

Grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades pechados a incorporación de novas solicitudes.

 

ANEXO II:

Reapertura de listas de grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se indican.

 

ANEXO III:

Grupos, categorías, corpos, esca las e especialidades que se encontran abertas e nas cales as persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril deste ano.

 

ANEXO IV:

Grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades pechadas e nas que soamente se poderán inscribir:

  • Aquelas persoas que, para a lista correspondente, superasen algunha proba do último proceso selectivo do grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, ou
  • Aquelas persoas que teñan prestado servizos na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo para a lista correspondente a ese grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade.

 

O estado, aberto ou pechado para a incorporación de novas solicitudes, no que se atopa cada lista poderá consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, punto de <Listas de contratación>.:

 

                                             https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/informacion-xeral

 

 

Captura de pantalla 2022 02 28 124440

 

Captura de pantalla 2022 02 28 124549

 

Captura de pantalla 2022 02 28 124734

Captura de pantalla 2022 02 28 124854

 

Captura de pantalla 2022 02 28 125520

 

Captura de pantalla 2022 02 28 125810

Captura de pantalla 2022 02 28 125921

Captura de pantalla 2022 02 28 130054

Captura de pantalla 2022 02 28 130246

Captura de pantalla 2022 02 28 130359

 

 

                                                                       INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.