Sectores

Listas de Contratación: Previsión publicación en DOG listas únicas definitivas


O Servizo de Listas de Contratación Temporal ven de informar que no DOG do martes 10 de maio, publícase a Resolución do 3 de maio de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a relación de persoas admitidas e excluídas con carácter definitivo que solicitaron a inclusión nas listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinados corpos, escalas ou especialidades, ao abeiro do establecido no artigo 5.2 da Orde do 20 de xullo de 2021 e a nova valoración definitiva dos méritos de todas as persoas admitidas nas devanditas listas.

Nesta resolución fanse públicas a listas definitivas únicas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que a continuación se relacionan:

 

CORPOS E ESCALAS DE PERSOAL FUNCIONARIO:

 

GRUPO

CORPO/ESCALA

DENOMINACION

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

A1

2060

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A1

2062

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canles e portos

A1

2064

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría industrial

A2

2051

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

2077

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola

C1

2053

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática

C2

2059

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

2055

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

 

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.