Ligüerre de Cinca é un pobo de orixe medieval que sufriu o despoboamento por mor da construción do encoro de El Grado.

 

En 1.986 foi cedido á Unión Xeral de Traballadores (UGT), que dende entón dedica os seus mellores esforzos á súa rehabilitación para usos turísticos, sociais e agropecuarios.

 

O centro de vacacións está composto por dous núcleos distantes 2 km: o antigo “Mesón de Ligüerre”, xunto á estrada principal; e o pobo propiamente de “Ligüerre de Cinca” xunto ao encoro. Entre ambos compoñen unha excelente oferta en diversidade de aloxamentos e servizos.

 

Os afiliados e afiliadas a UGT teñen dereito a un desconto no aloxamento:

          – 20% en tempada baixa, estancia mínima de 2 noites.

          – 10% en tempada alta (xullo, agosto, Semana Santa, pontes, etc.) en estancias de 1 noite.

 

Máis información en https://www.liguerredecinca.com/

Ligüerre de Cinca

{mp4}217{/mp4}

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.