Sectores

Letra «F» para a orde de actuación nos procesos selectivos de 2025

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2025 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conforme o resultado do sorteo do 21 de xaneiro, a orde de actuación das persoas aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2025 empezará por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra «F».

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.