Publicadas hoxe en DOG as seguintes Resolucións que conteñen as relacións de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos polo sistema de Concurso da Lei 20/2021 e se propón elevación de proposta de nomeamento, como persoal funcionario ou laboral, segundo corresponda:
Resolución de corpos, escalas e especialidades do subgrupo A1 seguintes:
| Corpo facultativo superior |
| Escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade en navegación marítima |
| Escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade en lexislación marítima |
Resolución de corpos, escalas e especialidades A2 seguintes:
| Corpo de xestión |
| Corpo de xestión da Administración xeral. |
| Escala de xestión de sistemas de informática. |
| Corpo facultativo de grao medio |
| Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade enxeñaría técnica industrial.. |
| Escala técnica de facultativos. Especialidade enfermaría. |
| Escala técnica de facultativos. Especialidade traballo social. |
| Escala técnica de facultativos. Especialidade terapia ocupacional. |
| Escala técnica de facultativos. Especialidade educador social. |
Resolución das categorías do Grupo II de persoal laboral seguintes:
| Categorías profesionais |
| Analista programador (persoal CIXTEC). |
| Analista xestor de contidos web (persoal CIXTEC) |
Resolución das categorías do Grupo III de persoal laboral seguintes:
| Categorías profesionais |
| Operador/a de ordenador/programador/a (persoal Cixtec) |
Resolución de corpos, escalas e especialidades C2, seguintes:
| Corpodeauxiliaresdecaráctertécnico |
| Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade oficial. |
A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
Prazo para presentar a documentación da base IV.2 que non fose xa presentada ou validada previamente: 10 días hábiles a partir do 20/12/24
