Hoxe publícanse en DOG as seguintes resolucións que conteñen as baremacións provisionais da fase de concurso, dos procesos selectivos extraordinarios derivados da Lei 20/2021:
Corpo facultativo de grao medio, subgrupo A2 |
Escala técnica de facultativos, especialidade de educador/a social. |
Escala técnica de facultativos, especialidade de traballo social. |
A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas está publicada en:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
RECLAMACIÓNS:
- Prazo: 5 días hábiles a partir do 28/11/24.
- A través de: Fides na epígrafe «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución no cal desexa formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».
- A forma documental de acreditar os méritos é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.
- No enlace anterior tedes un modelo de certificación de servizos prestados que se axusta ao contido da alínea c) do anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.