Hoxe publícanse en DOG as seguintes resolucións que conteñen as baremacións provisionais da fase de concurso, dos procesos selectivos extraordinarios derivados da Lei 20/2021:
Corpo facultativo superior, subgrupo A1 |
Escala de arquitectos. |
Corpo de técnicos de carácter facultativo, subgrupo C1 |
Escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil. |
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2 |
Escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade de bombeiro/a forestal-condutor de motobomba. |
Persoal laboral grupo V |
Categoría 14A, bombeiro/a forestal condutor/a. |
Categoría 14, bombeiro/a forestal. |
A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas está publicada en:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
RECLAMACIÓNS:
- Prazo: 10 días hábiles a partir do 19/11/24.
- A través de: Fides na epígrafe «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución no cal desexa formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».
- A forma documental de acreditar os méritos é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.
- No enlace anterior tedes un modelo de certificación de servizos prestados que se axusta ao contido da alínea c) do anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.