Sectores

LEI 20/2021 sistema de Concurso-Oposición: Baremación provisional fase de Concurso

Hoxe publícanse en DOG as seguintes resolucións que conteñen as baremacións provisionais da fase de concurso, dos procesos selectivos extraordinarios derivados da Lei 20/2021:

Corpo facultativo de grao medio, subgrupo A2
Escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial.
Escala de técnicos facultativos, especialidade de fisioterapia.
Corpo de axudantes de carácter facultativo, subgrupo C1
Escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade capataz.
 Escala técnica de condución.
Escala técnica de análises de laboratorio.
Corpo administrativo da administración xeral, subgrupo C1
Corpo administrativo.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas está publicada en:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

RECLAMACIÓNS:

  • Prazo: 10 días hábiles a partir do 31/10/24.
  • A través de: Fides na epígrafe «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución no cal desexa formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».
  • A forma documental de acreditar os méritos é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.
  • No enlace anterior tedes un modelo de certificación de servizos prestados que se axusta ao contido da alínea c) do anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.