Hoxe publícanse en DOG as seguintes resolucións que conteñen as baremacións provisionais da fase de concurso, dos procesos selectivos extraordinarios derivados da Lei 20/2021:
Corpo facultativo de grao medio, subgrupo A2 |
Escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial. |
Escala de técnicos facultativos, especialidade de fisioterapia. |
Corpo de axudantes de carácter facultativo, subgrupo C1 |
Escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade capataz. |
Escala técnica de condución. |
Escala técnica de análises de laboratorio. |
Corpo administrativo da administración xeral, subgrupo C1 |
Corpo administrativo. |
A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas está publicada en:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
RECLAMACIÓNS:
- Prazo: 10 días hábiles a partir do 31/10/24.
- A través de: Fides na epígrafe «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución no cal desexa formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».
- A forma documental de acreditar os méritos é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.
- No enlace anterior tedes un modelo de certificación de servizos prestados que se axusta ao contido da alínea c) do anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.