Sectores

LEI 20/2021 Sistema de Concurso Oposición: Baremación provisional fase de Concurso

Hoxe publícanse en DOG as seguintes resolucións que conteñen as baremacións provisionais da fase de concurso, dos procesos selectivos extraordinarios derivados da Lei 20/2021:

Corpo facultativo superior subgrupo A1
Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía.
Escala de inspección urbanística. Especialidade xurídica.
Escala de ciencias. Especialidade de química.
Escala de enxeñaría. Especialidade de enxeñaría de montes.
Escala de enxeñaría. Especialidade de enxeñaría de camiños, canles e portos.
Escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade navegación marítima.
Corpo facultativo de grao medio subgrupo A2
Escala de axentes de inspección pesqueira.
Escala de inspección urbanística. Especialidade xurídica.
Escala técnica de facultativos. Especialidade de terapia ocupacional.
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñería técnica agrícola.
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas.
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñería técnica de obras públicas.
Corpo de xestión subgrupo A2
Escala técnica de finanzas.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas está publicada en:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

RECLAMACIÓNS:

  • Prazo: 10 días hábiles a partir do 24/10/24.
  • A través de: Fides na epígrafe «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución no cal desexa formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».
  • A forma documental de acreditar os méritos é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.
  • No enlace anterior tedes un modelo de certificación de servizos prestados que se axusta ao contido da alínea c) do anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.