Sectores

Lei 20/2021 Sistema de Concurso: baremación provisional complementaria da fase de Concurso

Publicada hoxe en DOG a seguinte Resolución que conten a baremación provisional complementaria da fase de concurso de méritos do sistema de concurso da Lei 20/2021 seguinte:

Grupo I do persoal laboral: técnico/a superior de defensa contra incendios forestais

Grupo II de persoal laboral: Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais

Grupo III de persoal laboral: Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

Grupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

Grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia : Condutor/a autobomba defensa contra incendios forestais

Grupo V de persoal laboral: Vixiante contra incendios forestais, Emisorista, Peón contra incendios forestais e Peón condutor defensa contra incendios forestais

A puntuación definitiva obtida polas persoas NON BAREMADAS INICIALMENTE está publicada en:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

RECURSO:

  • As persoas baremadas complementariamente poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais ante o tribunal no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día 29/04/2025
  • A través de Fides na epígrafe «inscrición en procesos selectivos». A persoa aspirante debe, no proceso de estabilización da categoría 38 do grupo I, acceder á epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo»

¿COMO ACREDITAR OS MÉRITOS?

A forma documental de acreditar os méritos neste proceso é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro), sen prexuízo do cumprimento do disposto no punto sexto da Resolución do 17 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 17, do 24 de xaneiro) (corrección de erros no DOG núm. 22, do 31 de xaneiro)