Hoxe publícanse en DOG as seguintes resolucións que conteñen as baremacións definitivas, dos procesos selectivos extraordinarios derivados da Lei 20/2021:
Resolución de corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do grupo B e subgrupo C1
| Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial |
| Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
Resolución das categorías laborais do grupo III:
| Categoría profesional |
| Cat. 100. Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada. |
Resolución de corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo C2:
| Corpo de auxiliares de carácter técnico |
| Escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais. Especialidade bombeiro/a forestal |
Resolución das categorías laborais do grupo IV:
| Categoría profesional |
| Cat. 33. Condutor/a de autobomba de defensa contra incendios forestais. |
Resolución das categorías laborais do grupo V:
| Categorías profesionais |
| Cat. 10B. Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais. |
| Cat. 10C. Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios |
| Cat. 14. Bombeiro forestal |
| Cat. 14A. Bombeiro forestal condutor |
A puntuación DEFINITIVA obtida polas persoas baremadas está publicada en:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de FIDES poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.
RECURSO:
- Recurso de alzada no prazo de 1 mes.
