Sectores

Lei 20/2021 sistema Concurso: publicación aspirantes superan procesos P. funcionario A1, C1, C2

Publicadas hoxe en DOG as seguintes Resolucións que conteñen a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos polo sistema de Concurso da Lei 20/2021 seguintes:

Resolución de corpos, escalas e especialidades do subgrupo A1:

Corpo facultativo superior
Escala de arquitectos.
Escala de ciencias. Especialidade química.
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en bioloxía pesqueira
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade intervencións subacuáticas e hiperbáricas
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade pesca marítima
Escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia
Escala de facultativos. Especialidade psicoloxía

Resolución de corpos, escalas e especialidades do grupo B e subgrupo C1:

Corpo administrativo
Escala técnica auxiliar de informática.
Corpo de axudantes de carácter facultativo
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade patrón
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade mecánico
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia
Escala técnica de condución
Escala técnica en reprodución cartográfica

Resolución de corpos, escalas e especialidades do subgrupo C2:

Corpo de auxiliares de carácter técnico:
Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas.

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase en:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

PRAZO E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO CASO DE QUE NON FOSEN XA PRESENTADOS OU VALIDADOS PREVIAMENTE:

  1. Copia auténtica do título exixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.
  2. Informe sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
  3. As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que superen o proceso selectivo deberán ademais acreditar, no caso de que coa solicitude se opuxesen á consulta, tal condición mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e Xuventude e, de ser o caso, da Administración correspondente


NOTA INFORMATIVA: DOCUMENTACIÓN PERSOAS ASPIRANTES APROBADAS (PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN)

PRAZO:

  • De acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1. da Lei 39/2015, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do 11/12/24.

RECURSO:

  • Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (1 mes).

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.