Publicadas hoxe en DOG as seguintes Resolucións que conteñen a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos polo sistema de concurso-oposición da Lei 20/2021 seguintes:
Resolución de corpos, escalas e especialidades do subgrupo A2:
| Corpo facultativo de grao medio | 
| Escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola | 
Resolución de corpos, escalas e especialidades do subgrupo C2:
| Corpo de auxiliares de carácter técnico: | 
| Escala auxiliar de laboratorio | 
A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase en:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
PRAZO E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO CASO DE QUE NON FOSEN XA PRESENTADOS OU VALIDADOS PREVIAMENTE:
- Copia auténtica do título exixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.
- Informe sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
- As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que superen o proceso selectivo deberán ademais acreditar, no caso de que coa solicitude se opuxesen á consulta, tal condición mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e Xuventude e, de ser o caso, da Administración correspondente.
Enlace ao documento da web da DX de Emprego Público e Administración de Persoal.
PRAZO:
- De acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1. da Lei 39/2015, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do 09/01/25.
RECURSO:
- Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (1 mes).
 
								 
											 
                                                                       
                                                                       
                                                                       
                                                                       
                                                                      
 
				