Sectores

Lei 20/2021 sistema Concurso-Oposición: Publicación aspirantes superan procesos e proposta de nomeamento P. Funcionario A2, C2 // P. Laboral Grupo I

Publicadas hoxe en DOG as seguintes Resolucións que conteñen a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos polo sistema de concurso oposición da Lei 20/2021 seguintes:

Resolución das categorías do Grupo I de persoal laboral:

Categorías profesionais:
Categoría 40. Titulado/a superior lingüista

Resolución de corpos, escalas e especialidades do subgrupo A2:

 Corpo facultativo de grao medio
Escala de técnicos/as facultativos/as, especialidade de terapia ocupacional.

Resolución de corpos, escalas e especialidades do subgrupo C1:

 Corpo de auxantes de carácter facultativo:
Escala técnica de cociña.

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase en:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

PRAZO E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO CASO DE QUE NON FOSEN XA PRESENTADOS OU VALIDADOS PREVIAMENTE:

  1. Copia auténtica do título exixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.
  2. Informe sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
  3. As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que superen o proceso selectivo deberán ademais acreditar, no caso de que coa solicitude se opuxesen á consulta, tal condición mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e Xuventude e, de ser o caso, da Administración correspondente

PRAZO:

  • De acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1. da Lei 39/2015, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do 27/12/24.

RECURSO:

  • Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (1 mes).
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.