Publicada hoxe en DOG a Resolución do tribunal do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso e a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.
Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2024 (DOG núm. 246, do 23 de decembro), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil.
Como consecuencia da resolución de varios recursos de alzada, este tribunal acorda modificar a dita resolución con relación á puntuación das seguintes persoas aspirantes.
A puntuación definitiva obtida tras a modificación reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta.
Prazo e documentación a presentar:
- Segundo a base V.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia:
- Prazo de 10 días hábiles, contados a partir do 11/07/2025
- Documentación: o previsto na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Elevar a devandita relación de aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira