Sectores

Lei 20/2021 (Concurso):Relación de persoas aspirantes que superan os procesos e propostas de nomeamento

Publicadas hoxe en DOG as seguintes Resolucións que conteñen as relacións de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos polo sistema de Concurso da Lei 20/2021 e se propón elevación de proposta de nomeamento, como persoal  funcionario ou laboral, segundo corresponda:

Resolución de corpos, escalas e especialidades do subgrupo A1 seguintes:

Corpo superior
Escala de sistemas e tecnoloxías da información
Escala superior de finanzas
Escala superior de estatísticos
Corpo facultativo superior
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría agronómica
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de minas
Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía
Escala de ciencias. Especialidade de física
Escala de arqueólogos
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas
Escala de inspección urbanística. Especialidade xurídica
Escala de facultativos. Especialidade de medicina

Resolución de corpos, escalas e especialidades A2 seguintes:

Corpo de xestión
Escala de inspectores de consumo.
Corpo facultativo de grao medio
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas.
Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de minas.
Escala de arquitectos técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica en topografía.
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos.
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas.
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos.
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade de servizos ao buque.
Escala de axentes de extensión pesqueira.
Escala de subinspección urbanística.
Escala técnica de restauración. Especialidade de bens artísticos e arqueolóxicos.

Resolución das categorías do Grupo II de persoal laboral seguintes:

Categorías profesionais
Cat. 3. Estimulador/a. Psicomotricista.
Cat. 4. Mestre/a instrutor/a. Instrutor/a. Mestre/a taller da C. de Educación FP. Monitor/a de actividades docentes. Monitor/a (titulado/a medio/a).
Cat. 5. Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas.
Cat. 6. Educador/a. Profesor/a especial.
Cat. 9. Axudante/a de desenvolvemento rural.
Cat. 35. Pianista.

Resolución de corpos, escalas e especialidades do grupo B e subgrupo C1, seguintes:

Corpo administrativo
Escala de axentes de inspección. Especialidade consumo.
Escala de axentes de inspección. Especialidade mobilidade.
Escala de axentes de inspección. Especialidade vixilancia de estradas.
Corpo de axudantes de carácter facultativo
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade patrón.
Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade mecánico.
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.
Escala técnica de mantemento de servizos.
Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade capataz.
Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade mecánico naval.
Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade patrón de embarcación.
Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade guía intérprete de patrimonio natural.
Corpo de técnicos de carácter facultativo
Escala técnica de delineantes.
Escala de axentes técnicos en xestión medioambiental.
Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade animación sociocultural.

Resolución das categorías do Grupo III de persoal laboral seguintes:

Categorías profesionais
Cat. 3. Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a.
Cat. 12. Mestre/a de taller.
Cat. 15. Experto/a en exposicións.
Cat. 34. Especialista de oficios (debuxante).
Cat. 36. Experto/a audiovisuais.
Cat. 37. Técnico/a de son.
Cat. 43. Encargado/a estrutura escénica. Encargado/a de taller de escenografía. Técnico/a de máquinas do IGAEM.
Cat. 54. Técnico/a especialista en radioloxía (TER).
Cat. 54B. Hixienista dental.
Cat. 66. Axudante taller. Adxunto/a taller.
Cat. 71. Oficial/a de primeira xardineiro/a.
Cat. 94. Técnico/a auxiliar en imaxe e son.
Cat. 98. Auxiliar de luces.
Cat. 101. Proxeccionista.
Cat. 103. Entrevistador/a. Enquisador/a.

Resolución de corpos, escalas e especialidades C2, seguintes:

Corpo de auxiliares de carácter técnico
Escala de gardas de recursos naturais.
Escala auxiliar de mantemento.
Escala de auxiliar de laboratorio.
Escala auxiliar de condución.
Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade mariñeiro vixilante.

Resolución das categorías do Grupo IV de persoal laboral seguintes:

Categorías profesionais
Cat. 7. Garda fluvial. Garda explotación.
Cat. 20. Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)
Cat. 21. Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría
Cat. 24. Xastre/a.
Cat. 25. Cargador/a. Tremoísta.
Cat. 31. Legoeiro/a.
Cat. 32. Operador/codificador datos SDCIF.
Cat. 34. Axudante de restauración e proxección cinematográfica.
Cat. 37. Oficial 2ª mecánico máquinas de defensa contra incendios forestais.
Cat. 39. Auxiliar de autopsia.

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na base V.2 da convocatoria, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.