Publicadas hoxe en DOG as seguintes Resolucións que conteñen a baremación definitiva do sistema de Concurso da Lei 20/2021 seguintes:
Resolución de corpos, escalas e especialidades do subgrupo A1, seguintes:
| Corpo facultativo superior |
| Escala de enxeñeiros. Especialidade de camiños, canles e portos. |
| Escala de enxeñeiros. Especialidade de telecomunicación |
| Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría química |
| Escala de ciencias. Especialidade de ciencias do mar |
| Escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia |
| Escala de facultativos. Especialidade pedagoxía |
| Escala de restauración. Especialidade de bens artísticos e arqueolóxicos |
| Escala superior de sistemas de información xeográfica |
Resolución das categorías laborais do Grupo I, seguintes:
| Categorías profesionais |
| Cat. 19. Titulado/a superior especialista, titulado/a superior farmacéutico |
| Cat. 32. Técnico/a superior en centros de arte |
| Cat. 38. Técnico/a superior defensa contra incendios forestais |
Resolución de corpos, escalas e especialidades do subgrupo C2, seguintes:
| Corpo de auxiliares de carácter técnico |
| Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade oficial |
A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas está publicada en:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de FIDES poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.
