Sectores

IV Convenio Colectivo de residencias privadas da terceira idade de Galicia.

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do IV Convenio Colectivo de residencias privadas da terceira idade de Galicia.

Visto o texto do IV Convenio Colectivo de residencias privadas da terceira idade de Galicia (código 82000475011998), que subscribiron, con data 21 de decembro de 2017, a comisión negociadora conformada por Agarte e Acole e as organizacións sindicais UGT, CIG e CC.OO., que foi presentado na Oficina de Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2 e 3, do Real Decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

IV_CONVENIO_RESIDENCIAS_TERCERA_EDAD.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.