Hoxe, 18 de decembro de 2024, celebrouse en Santiago de Compostela o IV Comité Nacional da UGT-Servizos Públicos que analizou a situación actual, a organización da Federación, a negociación en distintos sectores e o desenvolvemento das eleccións sindicais para a negociación dos distintos sectores nos desenvolvemento das eleccións sindicais. Así mesmo, se analizaron e debatiron todas as propostas de Emendas aos documentos base de Congreso da UGT Galicia.
Co lema do 44 Congreso Confederal «Mais e mellor sindicato», proclamamos que queremos máis sindicato porque máis sindicato é exactamente o mesmo que máis dereitos para os traballadores e traballadoras, é mais democracia, é liberdade, é igualdade.
Este será o último Comité a celebrar dentro do mandato actual; antes de que, no ano 2025, se celebre o II Congreso Nacional de UGT-Servizos Públicos.
O Comité Nacional aprobou por unanimidade unha declaración na que se defende «unha situación con máis democracia e máis política ao servizo da socieade», e condenanse enerxicamente as situacións bélicas, especialmente as de Palestina e Ucraína, que están a provocar o sufrimento e o exterminio de miles de vitimas inocentes.