Sectores

Integración de PTFP no corpo de ensino secundario

Resolución provisional da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de FP no corpo de profesores de ensino secundario convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023.

Resolución do 13 de setembro de 2024, da Comisión designada no procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A) pola que se declara deserta e publica a relación daquelas que se exclúen provisionalmente do proceso de integración no corpo de profesores de ensino secundario convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023.

O persoal interesado, que figura no anexo da citada resolución, poderá presentar reclamación obrigatoriamente por medios electrónicos, mediante o trámite «alegacións» integrado no procedemento ED021A, no prazo comprendido entre os días 16 e 27 de setembro de 2024, ambos incluídos.

Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.