Sectores

Instrucións sobre a comunicación da incapacidade temporal

Tal como lle tiñamos pedido á Consellería na última Mesa Sectorial, véñense de publicar instrucións sobre a forma de comunicar as baixas por incapacidade temporal a partir do vindeiro 1 de abril.

Todo o persoal dependente da Consellería de educación en situación de baixa dirixirase ó aplicativo de datos persoais. A única diferenza é que os mutualistas de MUFACE (sexa cal sexa a entidade que lles presta servizos sanitarios) deberán comunicar a situación, duración previsible e adxuntar o os partes escaneados como se viña facendo. Pola contra, o  persoal suxeito ó rexime da Seguridad Social (por exemplo o persoal interino)  deberá comunicar a situación e a duración previsible, pero non precisará xuntar os partes.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.