Na última Mesa Sectorial tal como publicamos, pedimos a modificación das instrucións de inicio de curso que estaban publicadas na web da Consellería, entendendo que non eran axeitadas e incluso que podían traer problemas legais en certos aspectos que afectan tanto ós dereitos dos traballadores como á propia xerarquía normativa.
Congratulámonos de que nas instrucións finais publicadas hoxe no DOG se correxira o punto máis conflictivo e non se esixa a creación definitiva dos horarios en xullo, senón unha previsión.