Sectores

Ante o inicio do curso, UGT demanda a redución do horario lectivo, redución de rateos e redución de burocracia

A Consellería informou o curso pasado da súa intención de iniciar unha negociación sobre temas de interese para o noso sector como son  a baixada de rateos, a disminución de horas lectivas e da xornada semanal, así como  a redución da burocracia.

A día de hoxe non temos convocatoria de ninguna mesa sectorial e os temas a tratar son máis que urxentes! 

  • Levamos anos pedindo a recuperación  dun dereito que xa era noso pero polo RD 14/2012 nos quitaron. Unha medida temporal que non chega nunca ao seu fin. Unha reivindicación máis que necesaria é a da redución do horario lectivo. O profesorado precisa tempo para a planificación, a coordinación, a atención ao alumnado con necesidades… Esiximos as 21 horas lectivas en educación infantil e primaria, e as 18 no resto das etapas e unha xornada semanal de 35 horas.
  • As condicións laborais do profesorado galego son moi importantes por eso pedimos  substitucións inmediatas e redución da burocracia. As tarefas como docentes son numerosas e a estas engádense horas e horas de burocracia que dificultan o día a día nos centros. Á  súa vez está a problemática das afíns, non podemos presumir de ter unha educación de calidade cando se obriga ao profesorado galego a impartir materias que non forman parte da súa especialidade docente. O alumnado, que é o futuro  da nosa sociedade, non ten a culpa do aforro que quere facer a Consellería.
  • Denunciamos dende hai moito tempo que o ensino non pode ser de calidade se a rateo non se axusta ás necesidades actuais do alumnado. A día de hoxe,  a atención que se lle pode prestar a un discente é de dous minutos en infantil e primaria, e aínda menos nas etapas de secundaria e bacharelato. Como é posible que se pretenda unha atención individualizada contando con eses tempos??? Como é posible atender as dificultades e necesidades específicas que poida ter o alumnado baixo estas condicións? Unha das campañas que lanzamos da redución de rateos era que, coa baixada da natalidade,  a Administración tiña a oportunidade de facelo a custe cero. A resposta que vemos é, como todos os anos, unha supresión de máis de 60 unidades e de máis de 100 profesores, sen alternativas para a mellora do sistema educativo. Demandamos por tanto unha rateo razoable e xusta de 15 alumnos/as en educación infantil e primaria, 20 en secundaria e 25 no resto das etapas.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.