Sectores

UGT Servizos Públicos presenta unha proposta sobre o Modelo Postal en España para o século XXI

O sindicato veu traballando nun informe onde se examina de maneira exhaustiva a situación actual de Correos e expoñen propostas para avanzar cara a un modelo que aúne a prestación adecuada do servizo público e a viabilidade.

O sector Postal de UGT Servizos Públicos adiantou un resumo do seu informe «Por un modelo Postal para o Século XXI, necesario e posible», onde lembran que “A misión de Servizo Postal Universal (SPU) confiada a Correos continúa sendo esencial, así como a súa necesaria adaptación aos profundos cambios sociais, de comunicación e de hábitos de consumo”. Correos, segundo subliña a proposta de UGT, “debe avanzar na senda de converterse no Servizo Público Estratéxico do século XXI, prestador de Servizos de Interese Económico Xeral (SIEG)” e debe incorporar ás súas obrigacións como operador designado para a prestación do SPU “novas misións de cohesión e vertebración territoriais”.

Tanto UGT como CCOO expuxeron ao Goberno en numerosas ocasións a urxencia de abrir un amplo debate sobre o Modelo Postal en España.

O informe no que o sindicato leva meses traballando responde á necesidade de plantexar un novo modelo de Servizo Estratéxico competitivo, excelente, moderno, próximo, eficiente, sostible, comprometido coa sociedade e viable financeiramente.

Anexamos un resumo do informe de UGT Servizos Públicos:

POR UN MODELO POSTAL PARA O SÉCULO XXI, NECESARIO E POSIBLE

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.