Sectores

Información sobre convocatorias. Elección de destino provisional: auxiliar de enfermaría (prom. interna) e camareiro/a – limpador/a


A semana que ven, previsiblemente, publicarase no DOG a elección de destino provisional das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de AUXILIAR DE ENFERMARÍA (PROM. INTERNA) e 001 – CAMAREIRO/A-LIMPIADOR/A. AXUDANTE/A COCIÑA.

Unha vez publicada no DOG, as persoas aprobadas recibirán nun prazo de 3 días , un código individual co que poder acceder telemáticamente á elección de destino. Se nese prazo non reciben o citado código deben comunicarse coa D.X da Función Pública (no teléfono indicado no DOG) para solicitalo.

Unha vez rematado este prazo, abrirase o aplicativo de elección telemática de destino, para que os aspirantes elixan os códigos dos postos que estimen oportuno, durante un prazo de dez días hábiles.

Deberán seleccionar un número de códigos similar ao número de orde que ocupan na lista publicada, o 23/02/2021, na web da DX da Función Pública ou ben un número inferior e condicionalo a solicitude de excedencia.

As persoas que teñan pensado solicitar unha excedencia do posto elixido nesta toma de destino provisional, deberán realizar simultaneamente a solicitude de excedencia que se debe de achegar a través de rexistro electrónico, único válido para o persoal da Administración Pública.

Unha vez finalizado o prazo de elección de destino, e revisado pola Intervención Xeral da Xunta de Galicia, procederase a toma de destino provisional, previsiblemente na segunda quincena de abril.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.