Sectores

Información sobre a actualización das nóminas dos docentes


Tras as consultas sobre nóminas atendidas nos últimos días, aproveitamos para trasladarvos a seguinte información:

Con efectos de xaneiro de 2021 temos comprometido un incremento de 30 euros no Complemento Específico de cada docente. Esta subida corresponde ó último tramo do ACORDO SOBRE AS RETRIBUCIÓNS DO PERSOAL DOCENTE DEPENDENTE DA CONSELLERÍA asinado pola FeSP-UGT o 18 de xullo de 2018.

Así mesmo teremos que sumar o aumento do 0’9% asignado nos presupostos do estado para todo o persoal funcionario.

Non obstante, estas cantidades non se verán reflectidas ata a nómina de febreiro (coa Orde de confección de nóminas xa publicada), na que se cobrarán con efecto retroactivo.

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.