Sectores

Incumprimento por parte das patronais do sector do XII Convenio Colectivo de Infantil


Na reunión da Mesa Negociadora do XII Convenio Colectivo de ámbito estatal de centros de asistencia e educación infantil, convocada para dar cumprimento á Disposición final quinta e a aplicación da Disposición transitoria novena, as organizacións patronais pediron non aplicar as disposicións anteriormente apuntadas, ás táboas das persoas traballadoras dos Centros de Educación Infantil de xestión directa e aos Centros pertencentes ás antigas obras sociais, propias de carácter docente sen fins lucrativos e de Caixas de Aforros.

 

UGT Servizos Públicos, xunto ao resto de organizacións sindicais asinantes do XII Convenio Colectivo de ámbito estatal de centros de asistencia e educación infantil, manifestamos que o convenio xa prevía a aplicación destas disposicións, previstas como cláusulas de revisión salarial e, que o asinado hai que cumprilo.

 

As organizacións sindicais asinantes esiximos que se cumpra a aplicación das devanditas cláusulas e, se non fose así e as patronais incumprisen co que marca o convenio, manifestamos que iamos instar ás mobilización ás traballadoras e traballadores e, que xudicializariamos por incumprimento.

 

ANEXO I. TÁBOAS SALARIAIS CENTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL

(TÁBOA XERAL)

O 5 de novembro de 2021 na Mesa Negociadora do XII Convenio de Infantil e, dando cumprimento á Disposición Final Cuarta do XII Convenio Colectivo de Educación Infantil, con efectos do 1 de setembro de 2021, adecuáronse as táboas salariais ao SMI aprobado polo goberno para este ano.

 

Coa sinatura destas táboas, a partir do 1 de setembro de 2021 no Anexo I. “Táboas salariais centros de educación infantil (Táboa xeral) do  XII Convenio Colectivo de ámbito estatal de centros de asistencia e educación infantil”, nas categorías que tiñan un salario por baixo do SMI aplicóuselles un incremento de 15 €, sendo o seu salario de 965€ e, no caso das educadoras infantís mantense o diferencial de 10 € sobre a contía do SMI, polo que o seu salario é de 975€.

 

Cando se dea cumprimento ás disposicións quinta e transitoria novena,

A Disposición quinta di: “No caso de que o IPC ao 31 de decembro de 2021 fose superior ao 1 por 100, revisaranse os salarios no exceso da indicada cifra con carácter retroactivo desde o 1 de setembro de 2021”.

A Disposición transitoria novena di: “Como consecuencia da normativa vixente, as empresas pertencentes ás obras sociais e Caixas de Aforros transformáronse en empresas ordinarias sen que lles sexa de aplicación ningún tipo de beneficio, polo que desde a entrada en vigor do  XII Convenio Colectivo seralles de aplicación os establecido para os traballadores de centros de xestión directa, aínda que se considerarán como dereitos adquiridos todas as melloras que viñesen gozando os traballadores”.

e, tendo en conta que o IPC no ano 2021 foi dun 6,5%, as persoas traballadoras dos Centros de Educación Infantil de xestión directa e dos Centros pertencentes ás antigas obras sociais, propias de carácter docente sen fins lucrativos e de Caixas de Aforros, deberán de ver incrementados  os seus salarios, desde o 1 de setembro de 2021, nun 5,5%.

 

Por tanto, se as organizacións patronais do sector non proceden a cumprir o acordado na disposición final quinta e na transitoria novena do convenio colectivo, UGT Servizos Públicos xunto ao resto de organizacións sindicais asinantes do Convenio Colectivo pelexará nos tribunais o cumprimento do pactado na firma do convenio.

 

Por outra banda:

ANEXO II. TÁBOAS SALARIAIS DE CENTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL

(XESTIÓN INDIRECTA)

A partir do día 1 de setembro de 2021 e ata o 31 de agosto de 2022, as táboas salariais para todos os centros de educación infantil –xestión indirecta- son as que figuran no Anexo II, apartado C do Convenio Colectivo.

 

O 5 de novembro de 2021 na Mesa Negociadora do XII Convenio de Infantil e, dando cumprimento ao que di a disposición transitoria oitava,

A Disposición Transitoria Oitava: “A partir do 1 de setembro no caso de que o IPC do período comprendido entre o 1 setembro de 2020 e o 31 de agosto de 2021 fose superior ao 2 por 100, revisaranse as mesmas no exceso da indicada cifra con carácter retroactivo desde o 1 de setembro de 2021, actualizándose salarios e táboas para posteriores subidas salariais”.

 asináronse as táboas do Anexo II apartado C e, por tanto tendo en conta que o IPC nese período foi do 3,1%, o incremento do salario mensual nas devanditas táboas foi do 1,1%.

 

Por tanto, UGT Servizos Públicos seguirá apostando por mellorar o salario das persoas traballadoras afectadas polo convenio, así como tamén centrará os seus esforzos en mellorar as condicións xerais de traballo recollidas no futuro Convenio Colectivo.

 

    Sindicato Nacional de Ensino Privado    

    XUNTOS PODEMOS MÁIS    

 

 

 

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.