Sectores

Asinado o III convenio estatal de saneamento público, limpeza viaria, recollida, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación da rede de sumidoiros

O pasado venres 28 de xuño foi asinado o III convenio xeral do sector de saneamento público, limpeza viaria, recollida, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación de rede de sumidoiros, por parte da patronal Aselip e polos sindicados CCOO do Hábitat e UGT Servizos Públicos, maioritario no sector.

Tras varios anos de dura negociación incluíndo a pandemia, dentro dos avances producidos na mesma, merece a pena destacar os seguintes:

  • Creación dun salario de cobertura de baleiros, para todas as persoas traballadoras do sector incluídos no seu ámbito de aplicación que carezan de negociación colectiva e que lles asegura o SMI + 5 puntos porcentuais.
  • Incorporación do dereito das persoas traballadoras a acollerse voluntariamente á xubilación anticipada parcial cos requisitos recolleitos no texto do convenio.
  • Dereito á incorporación inmediata no mesmo posto de traballo, á finalización nas excedencias voluntarias de ata 12 meses de duración.
  • Creación dunha bolsa de horas recuperables para a atención de familiares en determinadas situacións.
  • Compensación dos custos económicos nos cursos de renovación do CAP para condutores e do tempo empregado para o mesmo, se se realiza fóra da xornada laboral.
  • Traslado da festividade do día de San Martín de Porres en caso de coincidir en domingo.
  • Creación dunha bolsa de horas sindicais a vontade da sección sindical, que organice o seu tempo como mellor conveña aos seus intereses.
  • Actualización de todo o texto ao novo marco normativo legal.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.