Xa están publicados no DOG do 10 de novembro o I Plan de Igualdade da Xunta de Galicia xunto co Protocolo da Xunta de Galicia de actuación fronte ao acoso e as violencias sexuais e psicolóxicas no traballo. Asinados dende o 6 de outubro polas Organizacións Sindicais
Dende UGT Servizos Públicos Galicia poñemos en valor o traballo realizado por tódalas partes, na diagnose e nas súas conclusións, así como nas medidas e no protocolo, ao longo de máis de 28 reunións de traballo e comisións técnicas.
É imprescindible contar cun plan e poñelo en marcha, non se trata dun “plan calquera”, reflicte a diagnose en moitos apartados e noutros a carencia de datos e se propoñen medidas para contar cos mesmos.
Resulta importante que se incluíran como anexos a inmensa cantidade de táboas e datos que foron postos a disposición da Comisión negociadora, co fin de que se puidesen explotar, estudiar e concluír.
O documento de conclusións e medidas incorpora moitas alegacións de UGT, e queda comprometido o estudo de postos de igual valor e a realización da auditoría retributiva.