Despois de catro anos de negociación, o 29 de novembro de 2024 asinouse o XVI Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade. Co acto da sinatura do convenio colectivo conclúe o bloqueo dunha negociación que foi especialmente complexa e que tivo múltiples complicacións. O XVI Convenio colectivo regulará as condicións de traballo de máis de 230.000 traballadores do ámbito dos centros de educación especial, dos centros de atención especializada e dos centros especiais de emprego, tanto de iniciativa social como dos que non o son.
O novo articulado terá para os centros asistenciais e centros especiais de emprego uns incrementos directos de máis do 13% en salario base para os vindeiros tres anos, máis uns incrementos nos seus complementos dos niveis de desenvolvemento 1 e 2 do 9,2% e 7,2% sobre o salario base, ademais da creación dun novo complemento polo nivel de desenvolvemento 3 do 2,75% para quen o xere a partir de 2028. Os centros educativos seguirán cos incrementos publicados nos Orzamentos Xerais do Estado de cada ano. Xéranse tamén novos incrementos para o traballo en festivos, pago da quilometraxe ou nocturnidade.
A nosa GUÍA sobre o XVI Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade axudarache a resolver todas as túas dúbidas.