Guía de permisos de corresponsabilidade nos coidados familiares: Dereitos para compatibilizar a vida laboral, familiar e persoal


 

En marzo de 2007 aprobouse no noso país a Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a Igualdade efectiva de mulleres e homes. Dende entón moitos son os homes e mulleres que accederon a novos dereitos que foron introducidos no novo texto legal tales como: permiso de paternidade, baixa de risco durante a lactancia, novas formas de gozar do permiso de lactancia, aumento da idade dos fillos e fillas para acceder a reducións de xornada por coidados infantís, garantías fronte ao despido, melloras nas cotizacións á seguridade social para as reducións de xornada e excedencias por coidados, correccións nas cotizacións á seguridade social para nais que no momento de ter aos seus fillos non estaban a traballar e outras melloras.

 

O pasado mes de marzo, o Goberno aprobou o Real Decreto Lei 6/2019, de medidas urxentes para garantía da Igualdade entre mulleres e homes no emprego e a ocupación, no que, entre outras medidas, equipáranse os permisos de paternidade e maternidade e introdúcense novas medidas coas que se pretende dar solución aos conflitos non resoltos na Lei de Igualdade.

 

Esta guía quere ser de utilidade para as persoas que participan na negociación colectiva e dar resposta ás preguntas que se suscitan entre os traballadores e traballadoras por conta allea, tanto do sector privado como do sector público para facer compatible a vida laboral, coas tarefas de coidado de fillos e fillas e outros familiares.

 

A difusión destes dereitos permitiranos crear as condicións necesarias para seguir avanzando na igualdade real e efectiva entre mulleres e homes no mercado laboral.

 

DESCARGA A TÚA GUÍA NA SEGUINTE LIGAZÓN! 

Guía de permisos de corresponsabilidade

O máis lido

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.