Como xa vos adiantáramos hai uns días, reunida na tarde de onte, día 30 de maio, a Comisión de Seguimento do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo DO PERSOAL DOCENTE INTERINO e SUBSTITUTO dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias, as catro organizacións asinantes do mesmo, CCOO, CSIF, ANPE e UGT, acordamos coa Consellería que se inclúa no texto da Addenda que a retirada da obriga de presentación aos procesos selectivos é a únicos efectos da permanencia en listas.
Acordamos, así mesmo, aprobar dita Addenda na Mesa Sectorial do vindeiro día 1 de xuño.
Lembramos ao profesorado interino que dita addenda soamente é posible grazas á sinatura das catro organizacións asinantes do Acordo.