Sectores

Resumo Mesa Sectorial (21/07/2022). Medidas urxentes e excepcionais propostas polo SERGAS, dirixidas a garantir as presenzas de médicos/as e enfermeiras/os nos PAC

O SERGAS, expón a reunión como mero trámite xa que dan por descontado que ningunha organización sindical vai asinar estas medidas extraordinarias que pretenden implantar, como finalmente así foi. 


UGT-Servizos Públicos, vimos expondo, desde a mesa anterior, que antes que poñer parches hai que buscar solucións a longo prazo xa que estas situacións de saturación e desborde do sistema, van ir repetindo de maneira estacional e en maior ou menor grao en todas as Áreas.


UGT-SP, non nos imos a implicar en solucións que teñan que ver coa perdida de dereitos dos profesionais, propiciados pola neglixencia, incapacidade e falta de anticipación dos reponsables da administración para solucionar estes problemas.


O Sergas presenta este documento provisional, que cremos que será definitivo e que este non incluirá ningunha das achegas de UGT-SP sobre medidas incentivadoras e non retirtará, como exiximos desde UGT-SP, ningunha das medidas que supoñen perdas de dereitos das persoas traballadoras.

DOCUMENTO PRESENTADO POLO EL SERGAS. UGT-SERVICIOS PUBLICOS REXEITAMOS ESTAS MEDIDAS.

I. SELECCIÓN TEMPORAL.
• Oferta ao persoal da categoría de médico/a de familia con vínculo temporal sen nomeamento de longa duración, dun compromiso de vinculación estable dun ano prorrogable ata dous anos. O compromiso implicará a continuidade da cotización e garantía e servizo en virtude das necesidades planificadas con 15 días de antelación.
• A posibilidade de que profesionais con nomeamento de interinidade noutras categorías, que estean en posesión do título da especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria ou certificación acreditativa de estar habilitado para o exercicio da especialidade, ou do grao en Enfermería, poidan acceder á prestación de servizos nos PACs sen que resulte afectada, por este motivo, a vixencia do nomeamento da categoría de orixe.
• A posibilidade de efectuar nomeamentos pola quenda libre, a aquelas persoas excluidas da quenda de promoción interna temporal polo único motivo de non ter acreditado, no seu momento, un ano de servizo activo como persoal fixo.
• Posibilidade de ofertar ás persoas aspirantes de promoción interna nomeamentos de duración inferior a dous meses.
• Suspensión voluntaria de vínculo ao persoal con nomeamento a tempo parcial para pasar a prestar servizos en nomeamento a tempo completo para a cobertura de ausencias diferentes ao do titular ao que substitúe.
• Valorarase polas xerencias a suspensión das penalizacións previstas na normativa (agás as motivadas por incumprimentos moi graves dos aspirantes) durante o tempo necesario.
• A Xerencias poderán limitar temporalmente a autorización de novas suspensións de chamamento, así como proceder á revogación das suspensións xa concedidas.
• A activación en lista logo da finalización de calquera suspensión será inmediata.
• Sen prexuízo do que antecede, no suposto de indispoñibilidade transitoria de aspirantes nas listas vixentes, esgotado o procedemento indicado no Anexo III, A, punto sexto do Pacto sobre selección de persoal temporal (DOG Núm. 123, do 30 de xuño de 2016), ¡mpulsarase calquera outra medida que poida favorecer a dispoñibilidade de persoal (máis aló das persoas que xa figuren nas listas ou teñan presentado a súa solicitude de inscrición) incluida a busca activa de aspirantes no Servizo Público de Emprego ou por medios de difusión para captación de persoal.


II. MEDIDAS DE ORDENACIÓN PARA A GARANTÍA ASISTENCIAL

1. Gardas de relevo.
Implantarase o sistema de gardas de relevo para a cobertura das ausencias imprevisibles nas fins de semana e días festivos. As gardas serán localizadas e retribuidas como tales, e no caso de ser requirida a presenza efectiva será retribuida como de presenza física.
As bases do funcionamento das gardas de relevo serán negociadas na Mesa Sectorial.

2. Axuste de calendarios para garantir as presenzas mínimas.
Con carácter excepcional, as quendas de traballo programadas no calendario poderán ser modificadas para garantir o funcionamento dos PAC coas presenzas mínimas de persoal médico e enfermeiro (nomeadamente as fins de semana).
A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria determinará as presenzas mínimas de cada ámbito e os correspondentes protocolos de actuación.

3. Insuficiencia da voluntariedade (extensión de xornada).
Unha vez esgotadas as posibilidades da prestación voluntaria (acordos publicados por orde do 4 de xuño de 2008) coa máxima difusión entre todo persoal médico e enfermeiro, recorrerase ás posibilidades de extensión de xornada previstas.
As posibles extensións de xornada terán carácter equitativo, e partirán polo tanto do control da xornada que veñan realizando os/as profesional.

4. Realización da atención continuada (PAC) por parte do persoal residente en formación do último ano.
As xerencias das áreas sanitarias promoverán que o persoal residente en formación en Medicina Familiar e Comunitaria, de cuarto ano, realice gardas nos Puntos de Atención Continuada afectados xunto ao médico de familia.
A mesma medida aplicarase para o persoal enfermeiro residente de último ano (enfermería familiar e comunitaria e enfermería pediátrica).
O criterio de asignación das gardas será por rotación, a proposta da unidade docente.

UGT-Servizos Públicos non asinamos nin parches ni medidas que restrinxen dereitos das persoas traballadoras, e pouco a pouco, van cambiando a estructura laboral socavando os logros alcanzados pola negociación.

Informa-T Mesa Sectorial 21-7-2022 (PAC).pdf