Sectores

Funcionarización SPIF: cualificacións definitivas probas TEST


Publicadas hoxe, en DOG, as Resolucións das comisións encargadas de cualificar os procesos de funcionarización do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, seguintes:

 

Ambas Resolucións conteñen:

A elevación a definitivas das cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba tipo test feitas públicas mediante as Resolucións do 17 de decembro de 2021 (DOG núm. 251, do 31 de decembro).

A comunicación da publicidade das baremacións provisionais do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica. xunta.gal, ao cal se poderá acceder a través do seguinte enderezo:

                                    https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion

 

O concurso de méritos será cualificado de «apto» ou «non apto» e, para superalo, será necesario acadar unha puntuación mínima de 6 puntos entre todas as epígrafes do baremo puntuables.

Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación ante a propia Comisión de Funcionarización no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG.

No C2, aténdense varias alegacións presentadas e advírtese un erro nas cualificacións da proba tipo test publicadas pola Resolución do 17 de decembro de 2021 (DOG núm. 251, do 31 de decembro) e feitas as oportunas correccións, inclúense como aptos nas seguintes categorías varios aspirantes:

  • Categoría IV-33 Bombeiro forestal SDCIF: 1 persoa candidata.
  • Categorías V-10B y 10C Vixilante fixo e emisorista SDC: 2 persoas candidatas.
  • Categorías V14-14A Bombeiro forestal-bombeiro forestal condutor: 2 persoas candidatas.

 

 

                                                  INFORMA

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.